Galeatro trae ó Carballiño a historia de Carabela

Galeatro presenta o espectáculo infantil e familiar “Carabela”, dentro da REDE GALEGA de Teatros e Auditorios.

Os máis pequenos do Carballiño teñen unha cita con esta compañía este próximo sábado, 7 de maio, ás 18,00 horas no auditorio municipal.

AVANTAR ACTIVIDADES

Carabela é a historia do cociñeiro dun barco que naufraga na Illa Pequena de Plástico. Alí constrúe unha nena de plástico para saír da soidade na que se atopa, rodeada de peixes mutados, paxaros chorando e vertedoiros que non se alimentan.