O alcalde recibe ós membros das Xornadas de San Vicente Paul polo seu 70 aniversario

Publicidade ASPADISI

Con motivo da celebración do 70 aniversario da fundación das Xornadas de Sam Vicente Paul de San Cibrao da Parroquia do 0 Carballiño, xa que non se puido celebrar o ano pasado, por mor do Covid, tiveron lugar hoxe algúns actos, entre eles a recepción co alcalde do concello do Carballiño, Francisco Fumega, e co remate dunha misa na igrexa da Veracruz.

A Sociedade de San Vicente Paul en España é unha asociación de carácter social humanitario e benéfico, comprometida coa defensa da vida e da dignidade humana. O 5 de abril de 1951 fundáronse as Xornadas de San Cibrao do Carballiño e na actualidade conta con 12 socios, 3 solicitantes, 2 colaboradores e 2 socios de honra. O presidente da entidade en España, Moisés  estivo hoxe presente.

HIPER MASIDE

As familias necesitadas son atendidas todos os venres, de 9:30 a 13:00 horas, na planta baixa da Casa Parroquial, así como calquera outro día se alguén o requira na Parroquia ou nos Servizos Sociais dos Concellos da Comarca. O delegado técnico no Carballiño fixo fincapé na necesidade de dar a coñecer a súa labor e que máis xente forme parte.

Tamén estivo hoxe a secretaria executiva, Isabel Garzo, puxo en valor o importante de manter vivas as xornada e puxo o exemplo do Carballiño como traballo humilde e en silencio.