O club Ciclista Os Mosqueteiros presentou esta mañá a súa X Maratón MTB, que terá lugar este próximo domingo 15 de maio, transcorrendo polos concellos do Carballiño, Boborás e O Irixo. As inscripcións estarán abertas ata o mércores á medianoite.
A proba dará comezo ás 09:30 horas con saída dende a Praza da Veracruz e terá dúas modalidades. A primeira delas, e a máis dura, a maratón de 73 quilómetros e de intensidade media-alta. A segunda será a de media maratón, de dificultade media e 40 quilómetros. E ademais, puntuable para a Copa Galega de Maratón.
A concelleira de deportes, Silvia Baranda, agradeceu a colaboración dos outros dous concellos, que non puideron estar presentes, e amosou o seu apoio a este club recoñecendo o traballo que están a facer.
Hoxe tamén quixeron dar as grazas a agrupacións coma as de Protección Civil dos concellos, Policía Local ou Cruz Vermella, que fan posibles estos eventos.