O Carballiño recupera a Feira

Logo da retirada de parte das restricións que dificultaban a realización da feira, a concelleira de servizos públicos, Rosa Fuentes, anuncia que o sábado 27 de febreiro volverán a ter presenza na vila todos os postos adxudicados, xa que nas anteriores edicións só estiveron presentes os postos de agro e alimentación.

Os postos deberán ter unha separación de 1’5m entre os mesmos e cumprirán as normas vixentes en materia sanitaria. Ademais, Rosa Fuentes, fai un chamamento á veciñanza e aos visitantes para que disfruten da feira con responsabilidade e prudencia. 

AVANTAR ACTIVIDADES