Con motivo da celebración do 70 aniversario da fundación das Xornadas de San Vicente Paul de San Cibrao da Parroquia do Carballiño, xa que non se puido celebrar o ano pasado, por mor da Covid, tiveron lugar onte algúns actos, entre eles a recepción co
alcalde do concello do Carballiño, Francisco Fumega. O final da xornada de onte tivo lugar unha misa na igrexa da Veracruz, na que tamén se contou ca presenza do presidente da
entidade en España e a secretaria executiva, Isabel Garzo.
A Sociedade de San Vicente Paul en España é unha asociación de carácter social humanitario e benéfico, comprometida coa defensa da vida e da dignidade humana. O 5 de abril de 1951 fundáronse as Xornadas de San Cibrao do Carballiño e na actualidade conta con 12 socios, 3 solicitantes, 2 colaboradores e 2 socios de honra.