A ANPA do Vila do Arenteiro convida a todos a súa Gala Benéfica deste domingo

A Asociación de Nais e Pais de Alumnos do colexio Vila do Arenteiro prepara a oitava edición da súa Gala Benéfica de Nadal. Neste caso, todo o recaudado, irá destinado á asociación de persoas con discapacidade Aspadisi do Carballiño. A entrada terá un custo de 5 euros, e poderase adquirir no propio colexio, contactando ca directiva da ANPA ou na taquilla. Para os que non poidan acudir e queiran colaborar, poderán facelo mediante a fila 0, é dicir, unha doazón directa.

A gala será o vindeiro domingo, ás 19:00 horas no Auditorio Manuel María. Estará presentada polo grupo de teatro Dar Trela e contarán cas actuacións do Mago Martín, de Alís Vázquez e Antía Mazaira, co grupo Terras do Arenteiro, con Noemí Duro, IALMA 19, o conservatorio de música do Carballiño e o grupo de baile e música tradicional de Maside.

AVANTAR ACTIVIDADES

Quedan todos convidados a esta gala solidaria!