Mañá venres teremos na Fundación Vicente Risco unha visita guiada á exposición sobre o libro “O porco de pé” con autor da mesma, Xavier Varela, e tamén con Javier Iglesias. A entrada é de balde.
Hoxe venres 13 de maio ás 20 horas na sede da Fundación Vicente Risco en Allariz presentamos o libro “Estendendo a rebelión. Sindicalismos marítimos galegos na América atlántica, 1875-1930”, de Bieito Alonso Fernández.
Acolle o acto Celia Pereira Porto, presidenta da Fundación Vicente Risco e xurado do XIII Premio de Ensaio Manuel Murguía.
Intervirán: Bieito Alonso Fernández e Francisco García Suárez.
Aunque o Atlántico é un elemento retórico que aparece en multitude de historias e análises, en realidade é un permanente descoñecido. Sabemos de moitos aspectos vinculados ao océano, pero descoñecemos aquilo que é fundamental: o seu protagonismo na vida das persoas e as sociedades. Esta é a historia dos individuos que o percorreron, que o padeceron e que souberon organizarse a cabalo das súas ondas. A historia de emigrantes, galegos, que se incorporaron ás terras americanas bañadas polo Atlántico para navegar en barcos, para alimentar caldeiras, para descargar fardos, e para construír e dirixir sindicatos nos que se agrupaban traballadores portuarios e marítimos.