Manuel Baltar visita a rodaxe de Honeymoon, a terceira produción audiovisual que grava simultaneamente estes días en Ourense co patrocinio da Deputación.

-16.00 horas: Visita á rodaxe da película “Honeymoon”.- O presidente da Deputación, Manuel Baltar, visita a rodaxe de “Honeymoon”, película apoiada pola institución povincial. A película está dirixida por Enrique Otero e conta cun reparto encabezado por Javier Gutiérrez e Nathalie Poza. Lugar: Aceites Abril (Polígono San Cibrao das Viñas, rúa 6). Intervención aberta aos medios ao comezo dunha visita na que os medios gráficos poderán tomar imaxes.
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Nas instalacións de Aceites Abril, onde se rodan algunhas das secuencias desta nova película, o presidente do goberno provincial afirmou que estes proxectos demostran “que todo o noso territorio é magnífico para desenvolver calquera trama. Esta liña de apoio ao cinema vai seguir sendo unha prioridade”

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Completa unha circunstancia inédita: coinciden na provincia a rodaxe simultánea de tres películas –La manzana de oro, 13 exorcismos e Honeymoon- , so uns días despois da finalización da gravación de O home e o can. Os catro filmes teñen o patrocinio da Deputación de Ourense

Manuel Baltar invitou ao equipo técnico e artístico a que “vivan e repitan en Ourense, o territorio galego mellor conectado e que supón un factor clave para convencer a produtores e directores para que veñan aquí a rodar”

O director Enrique Otero agradeceu “todas as facilidades que nos deu o presidente”, desexando facer “unha presentación como se merece na alfombra roxa do Festival de Cine de Ourense”. O actor Javier Gutiérrez cualificou á provincia como “un lugar interesantísimo para rodar”

Honeymoon é un “thriller” que narra a historia dunha nai e dun pai sen recursos suficientes para repatriar o cadáver do seu fillo desde os EEUU

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou esta tarde no polígono industrial de San Cibrao das Viñas a rodaxe da película Honeymoon, unha nova produción audiovisual que co patrocinio da institución provincial se está a gravar en escenarios ourensáns. O filme está dirixido polo director coruñés Enrique Otero e conta cun reparto con importante representación galega encabezada por Javier Gutierréz, o protagonista da película xunto a Nathalie Poza. 

Na empresa Aceites Abril, onde se rodan algunhas das secuencias deste “thriller”, Manuel Baltar destacou os resultados da importante aposta da Deputación para converter Ourense nun plató para producións audiovisuais: “Hoxe coinciden na provincia as rodaxes simultáneas de tres películas –13 exorcismosLa manzana de oro; e a propia Honeymoon-, so uns días despois de finalizar a gravación de O home e o can. Os catro filmes patrocinados pola Deputación“. Esta circunstancia, inédita, amosa segundo o presidente do goberno provincial o éxito desta liña de traballo e que “todo o noso territorio é magnífico para desenvolver calquera trama”. 

E este apoio ao sector audiovisual vai seguir sendo unha prioridade para a Deputación, avanzou Manuel Baltar, “logo de darlle nos últimos anos unha quinta velocidade a esta estratexia de promoción e visibilidade non só polo retorno económico e que se fale de Ourense, senón porque o cinema queda aí para sempre e pódese ver de novo hoxe ou dentro de douscentos anos”.

O presidente do goberno provincial explicou a Enrique Otero e Javier Gutiérrez o traballo que se está a facer desde a Deputación neste eido, co engadido do Festival Internacional de Cine, a recentemente creada Ourense Film Commission ou a colaboración coa Fundación Carlos Velo, a única de Galicia no audiovisual, invitándolles a que “vivan e repitan en Ourense, o territorio galego mellor conectado e que supón un factor clave para convencer a produtores e directores para que veñan aquí a rodar”.

Enrique Otero agradeceu entre tanto “todas as facilidades que nos deu o presidente para rodar aquí esta película”, expresando o seu desexo de que “poidamos facer unha presentación como se merece na alfombra roxa do Festival de Cine de Ourense”. A esta idea sumouse Javier Gutiérrez, que cualificou á provincia como “un lugar interesantísimo para rodar”, ao tempo que sinalou que este tipo de producións “poñen en valor a esencia do cine fronte ás producións de plataformas e consumo rápido”.

Thriller dramático con tintura de humor negro

Honeymoon conta a historia dunha nai e dun pai sen recursos suficientes para repatriar o cadáver do seu fillo desde os Estados Unidos. Para conseguir o diñeiro que necesitan faranse pasar por vendedores de películas de debuxos animados. Con guión de Roberto González Méndez (Platos combinados; Libro de Familia; Matalobos) e do propio Enrique Otero, a película é un thriller dramático con tintura de humor negro, aínda que en realidade os seus autores falan dunha historia de amor desgarrado. Protagonizada por Nathalie Poza y Javier Gutiérrez, el reparto artístico inclúe unha importante representación galega con Antonio Durán “Morris”, María Tasende e María Vázquez , ademais de Fernando Albizu y Pablo Derqui.

A produción corre a cargo de ControlZ e AccaMedia -compañía que rodou El secreto de Ibosim, a primeira película sostible do mundo e pegada de carbono cero-, e xunto co apoio da Deputación de Ourense conta tamén coa axuda Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), o patrocinio do Xacobeo e a colaboración da TVG, así como tamén da Valladolid Flim Commission.

Mellor guionista novel

Enrique Otero (A Coruña, 1972) iniciou a súa traxectoria profesional en 1992 mesturando o cine coa música. Nese ano rodou a curtametraxe Coitelo e gravou co grupo Kozmic Muffin o seu primeiro disco, Nautilus. Despois de case dez anos ligado á música rodou a curta Os Crebinsky, coa que en 2002 gañou o 7º Festival La Fila de Valladolid. Oito anos máis tarde transformaría este título nunha longametraxe protagonizada por Miguel de Lira que narra en clave de comedia unha historia que se desenvolve en Galicia durante a Segunda Guerra Mundial. Con esta película, Enrique Otero obtivo un ano despois, en 2011, o premio ao mellor guionista novel no Festival de Málaga.