A Policía Local identificou a un dos tres menores que lograron escapar onte e deixaron armas na súa fuxida

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

A Policía Local do Carballiño vén de identificar a un dos tres menores que na tarde de onte, mércores, foron localizados por unha patrulla de axentes na rúa Vicente Risco portando armas brancas e unha pistola simulada. Os axentes responderon a un aviso ao redor das 18,20 horas sobre a presenza de adolescentes supostamente armados nesta rúa.

Os xoves lograron escapar da persecución policial a pé, arroxando na fuxida as diferentes armas (un machete, un coitelo e unha pistola simulada), que foron incautadas polos axentes.

Na actualidade, a Policía Local continúan coas investigacións destinadas a esclarecer a identidade e participación dos outros dous rapaces implicados neste suceso.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------