Organizado pola Asociación Cultural Avantar e coa colaboración do casino do Carballiño, onte no salón de actos do Casino tivo lugar a presentació do libro-disco: “Escolma imposible (e incorrecta)” de Armando González, que contou ca actuación musical de María do Ceo. A presentación desta obra comezouse antes do comezo da pandemia, e viuse paralizada, por iso a retoman agora. Falamos co seu autor, que nos contou un pouco máis sobre ela.
Unha parte deste libro compila as letras das cancións que fixeron en conxunto Armando e María do Ceo, el sendo o creador da parte poética e ela o acompañamento musical. A colaboración entre eles remóntase ó ano 1998, con grandes mostras do seu traballo xuntos.