A Casa da Cultura acollerá unha charla informativa sobre o dano cerebral

IES CHAMOSO LAMAS

A información sobre o dano cerebral adquirido chega ao Carballiño pola man da colaboración entre o concello ourensán e a Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE). Unha das principais liñas de actuación da Federación é a información e sensibilización, cos obxectivos de dar a coñecer a realidade das persoas con dano cerebral, pero tamén de axudar a previr esta discapacidade, que afecta a máis de 35.000 persoas en Galicia.

A actividade informativa está dirixida a todo tipo de público e nela a traballadora social de FEGADACE vai falar da prevención das principais causas do dano cerebral (o ictus -que está detrás do 78% dos casos- e os accidentes de tráfico), e do modelo de atención e rehabilitación que se desenvolve nas asociacións galegas de dano cerebral, ditado polo Ministerio de Sanidade a través do Imserso. Centrarase especialmente en presentar o recurso asociativo máis próximo ao Carballiño: Renacer, a Asociación de Dano Cerebral de Ourense, que se ocupa de toda a área sanitaria.

HIPER MASIDE

Esta sesión vai ter lugar o *xoves 2 de xuño ás 20:00 hh. no Salón de Actos da Biblioteca da Casa da Cultura do Carballiño*. O acceso é libre, pero recoméndase inscribirse no teléfono 988 531 076.A organización desta actividade conta coa colaboración do Concello do Carballiño e co financiamento da Consellería de Política Social, dentro dos programas con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF; é dicir, grazas ás persoas que marcan a X Solidaria na súa declaración da renda.