Xunta e concello cooperarán para crear unha parada de autobús intermodal na estación de ferrocarril do Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Xunta e o Concello do Carballiño asinaron o convenio para a execución dunha parada de autobús para intercambio intermodal nas instalacións da estación de ferrocarril do municipio, que suporá un investimento autonómico de preto de 190.000 euros. 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, selou este acordo de cooperación co alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, vía telemática.

Trátase de impulsar as obras para a instalación dunha parada de autobús exclusiva para as liñas interurbanas de uso regular, na parcela situada na explanada frontal da estación de ferrocarril, localizada na avenida O Vinte e Cinco de Xullo, co obxecto de favorecer a intemodalidade entre os dous medios de transporte.

Mediante este convenio, a Xunta asume integramente a financiación, a redacción do proxecto, así como a licitación e execución das obras. Pola súa banda, o Concello do Carballiño comprométese á posta a disposición da Xunta os terreos necesarios para a súa execución e a asumir, ao remate dos traballos, o mantemento e conservación da infraestrutura.

Deste xeito, o departamento que dirixe Ethel Vázquez dá resposta á solicitude do Concello para o acondicionamento dunha parada de autobús intermodal na parcela da estación ferroviaria do Carballiño, logo de asinar a entidade local o arrendamento da mesma co Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF).

O proxecto redactado pola Xunta para a execución dunha parada de autobús para intercambio intermodal nas instalacións da estación de ferrocarril do Carballiño comprende as actuacións necesarias para a posta en marcha da parada: a urbanización da zona, a reposición dos servizos afectados e o subministro e instalación do refuxio.

Máis en detalle, estas obras permitirán dotar o municipio desta parada de autobús na contorna da actual estación de ferrocarril co fin de acadar unhas condicións óptimas de seguridade para a subida e baixada de viaxeiros. Tamén incluirá a habilitación do refuxio necesario para protexer aos usuarios do transporte público da Xunta das inclemencias meteorolóxicas.