Aehde trae ó Carballiño esta fin de semana o Campionato Galego de Patinaxe Artística Show

Esta mañá tivo lugar a presentación do Campionato Galego de Patinaxe Artística Show en segunda categoría, que terá lugar o sábado, dende as 17:30 horas no pavillón Paco Chao, unha das probas máis importantes de Galicia.

Un total de 333 patinadores, 40 técnicos, 35 delegados e 23 clubes amosarán un total de 30 coreografías, que ademais serán retransmitidas por streaming e tamén en pantallas no exterior do pavillón, ó non ter aforo suficiente.

AVANTAR ACTIVIDADES

Na presentación estivo tamén presente a concelleira de deportes, Silvia Baranda, quen agradeceu a labor feita polo club Aehde para traer este campionato, que repercutirá tamén na chegada de xente ó Carballiño para coñecer a vila e quedarse.

Case 1.500 persoas daranse cita no Carballiño, un motor económico importante, algo que para o club tamén é unha motivación extra ó conseguir que así sexa.

A outra cita ca patinaxe esta fin de semana será o domingo, ca gala de fin de curso das escolas de patinaxe, organizada polo club Aehde. Será tamén no pavillón Paco Chao, dende as 18:00 horas.