O BNG de Cartelle demanda a estruturación parcelaria da parroquia de Sande

Manuel Osorio demanda do concello de Cartelle iniciar a adecuación territorial  da parroquia de Sande mediante a agrupación, redimensionamento e mellora de estruturas e infraestruturas.

O concelleiro do BNG de Cartelle, Manuel Osorio, ven rexistrar ante o concello unha moción na que demanda incialos trámites para o  proxecto de estruturación parcelaria da parroquia de Sande.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os nacionalistas deste concello tamén demandan inicialos estudos técnicos de viabilidade pertinentes en dita zona co compromiso formal de sometela actuación proposta a unha avaliación ambiental previa polo órgano ambiental competente, tendo en conta, as medidas protectoras, correctoras e compensatorias de carácter ambiental.

O edil nacionalista sinalou que desde fai anos estase desenvolvendo a estruturación territorial agraria e forestal, mediante concentracións parcelarias en moitas parroquias do concello de Cartelle, porén a parroquia de Sande estase deixando esquecida deste proceso, “de maneira un tanto discriminatoria”.

A parroquia de Sande conta cuns elevadísimos valores territoriais, agrarios, gandeiros, forestais,  medioambientais, patrimoniais e paisaxísticos, que a día de hoxe atópanse nun elevado risco ambiental polo seu estado de abandono.

É unha necesidade primordial, declarou Osorio, potenciar a súa conservación e permanencia a través da reorganización espacial e funcional da súa estrutura territorial existente, de acordo cos criterios dunha ordenación adecuada e sostible dos seus aproveitamentos, cualesquera que sexan, para facer rentábel e viable a actividade produtiva, e que sirvan de freo o despoboamento do medio rural.

Desde o BNG de Cartelle esíxeselle a alcaldía iniciar un  proceso de información pública de cara a veciñanza de Sande, “é preciso explicarlles os tramites do procedemento de concentración estrutural parcelaria á veciñanza” dí Osorio, ” así como informalos do calendario estimado para a materialización das distintas fases do procedemento.

Sobre todo, di o voceiro do nacionalista de Cartelle na moción presentada ao concello, é preciso garantir a conformidade de toda a veciñanza afectada,  polo que se fai preciso unha recollida de sinaturas que garanta día conformidade.