O IES Chamoso Lamas inaugura no auditorio a exposición e documental “Memoria viva do Arenteiro”

IES CHAMOSO LAMAS

Os alumnos de 4º ESO do IES Manuel Chamoso Lamas estiveron a traballar este curso no Proxecto “Memoria Viva do Arenteiro”. Trátase dun magnífico traballo con exposición e documental que foi inaugurado onte no auditorio Manuel María. A exposición está exposta na sala anexa e o documental proxectouse tamén onte pola tarde. Apoiando esta iniciativa estiveron presentes o concelleiro de cultura, Diego Fernández, o de turismo, Manuel Dacal, e tamén asistiu o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, quen deu os seus parabéns por este proxecto, que nas súas palabras “contribúe a facer pobo, un pobo ligado á industria fluvial”.

O director do IES Manuel Chamoso Lamas, Aurelio Rodríguez, destacou a satisfacción que supón para el presentar proxectos deste tipo, feitos polo alumnos de xeito complementario á súa formación voluntariamente.

HIPER MASIDE

Santiago e Juan foron dous dos docentes encargados do proxecto, quenes falaron un pouco máis do proxecto. O que se poderá ver a través de imaxes e na peza documental, recolle tamén testemuñas dos protagonistas desta memoria, traballadores de oficios relacionados co río Arenteiro.

Tamén falaron os protagonistas, os alumnos, recordando qué foi o que mais lles gustou deste proxecto e tamén as cousas que aprenderon del.