A Deputación destina varias subvencións para proxectos na contorna

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou a concesión de case 890.000 euros en axudas para respaldar un novo proxecto de EmprendOU e cooperar clubs, concellos e asociacións, entidades ou fundacións.

En partidas destinadas á colaboración cos concellos, aprobáronse estas liñas de actuación: 47.550 euros para o Concello de Arnoia destinados á execución das obras de reforma da antiga escola para convertela nun albergue do Camiño Miñoto Ribeiro; Castrelo de Miño disporá de 70.000 euros para actuacións de cofinanciamento; e o Concello de Irixo recibirá dúas achegas de 10.000 e 48.000 euros para o proxecto piloto de plantación de cereais autóctonos e a execución das obras de asfaltado de vías municipais.  

AVANTAR ACTIVIDADES

En colaboración con entidades, aprobáronse tres achegas por un total de 20.000 euros á Asociación Cultural Rutas do Viño do Ribeiro, para accións de mellora do produto turístico da Ruta do Viño do Ribeiro, para actividades de comunicación e difusión e para o mantemento do sitio web e dinamización das redes sociais; e 22.000  euros para a actualización do rexistro vitivinícola do CRDO Ribeiro.