A funeraria Pompas Fúnebres estrea novas instalacións na rúa Fariña Jamardo

A Funeraria Pompas Fúnebres inaugurou as súas novas instalacións no centro do Carballiño despois de preto dun ano e medio no que non puideron contar cun espazo propio no casco urbán. Dende onte mércores xa están traballando a pleno rendemento.

Este novo tanatorio está ubicado na rúa Fariña Jamardo ( na esquina con Otero Pedrayo) , con 600 metros cadrados de espazo. Conta con tres salas e cunhas instalacións máis amplas e acondicionadas, con diversas zonas comúns e maior capacidade.

AVANTAR ACTIVIDADES

O funcionamento do servizo é o mesmo ca antes, 24 horas e cunha experiencia abalada por máis de 30 anos de traxectoria, pero agora máis preto, no centro da vila. A pesar de que neste último ano e medio non contaban con estas instalacións, pero non deixaron de ofrecer o seu servizo.