Nota informativa do Bng sobre a emerxencia (agora oficialmente declarada) no abastecemento de auga do concello de Ribadavia

No mediodía de hoxe celebrouse unha xunta de portavoces dos grupos municipais de Ribadavia.

Por parte do goberno municipal déusenos  conta dunha serie de decisións que se veñen de publicar nas redes sociais do concello (declaración da emerxencia, novos puntos de reparto, estado do depósito, bombeo provisional, etc).

AVANTAR ACTIVIDADES

Dende o BNG reiteramos a petición de que se publiquen bandos informativos nos distintos barrios e localidades, boa parte da nosa poboación non utiliza as redes sociais e necesita información de primeira man sobre cal é a situación á que se enfronta.

Mantemos que faltan incentivos para aforrar auga. Quen consuma pouco estes días non vai recibir ningunha bonificación e cada 1.000 litros de auga consumida seguen a custar aproximadamente 1 euro no recibo. 

Desgraciadamente esta seca vaise prolongar e pensamos que se debería valorar se os esforzos que se dedican en solucións provisionais non estarían mellor empregados en medidas máis duradeiras

Sabemos que non hai solucións fáciles pero seguen a faltar aclaracións de por que se chegou a esta situación no noso concello.