Éxito de afluencia para o quinto Encontro Literario Ourensán celebrado no Carballiño

O Encontro Literario de Ourense consolídase como un trampolín no que se están dando a coñecer escritores de todo o país. Son máis dunha trintena os autores que participaron o pasado sábado nesta iniciativa cultural, á que tamén se suman blogueiros, veciños e visitantes.

Lizzie Quintas, parte organizadora do evento, falounos sobre como transcorreu a xornada, na súa quinta edición das cales catro foron no Carballiño e que se consolida non só na provincia, senón a nivel nacional.

AVANTAR ACTIVIDADES

Durante a xornada realizáronse diferentes actividades, como debates ou xogos entre as mesas. Nesta edición foron protagonistas os espazos máis emblemáticos do concello con seis mesas de debate cos seguintes nomes: Balneario, Pulpo á feira, Muíño das Lousas, Templo da Veracruz, Parque Municipal e Pena dos Namorados.

Esta temática está coidada ó detalle, como por exemplo na última mesa da xornada, adicada á Pena dos Namorados e como non podía ser doutro xeito, acolleu a escritoras do xénero romántico. Aínda así, buscan a variedade, para xerar debate.