Esta mañá, presentouse no Carballiño unha nova edición, a númeor 19, da Feira do Stock, que terá lugar os días 2, 3 e 4 na Praza Maior do municipio, esta vindeira fin de semana. Un total de 16 establecementos de todos os sectores ofrecerán grandes descontos para liquidar a tempada.
Noelia Mares, xerente do Centro Comercial Aberto, falounos máis sobre as sorpresas que traerá o evento, que estará seguido doutra campaña pola volta ó cole.
O horario será dende o venres ás 17:00 horas, que será a inauguración. O sábado e domingo haberá descanso na hora do xantar e peche ás 22:00 horas o sábado e ás 21:00 horas o domingo.
Silvia Baranda, concelleira de Comercio, destacou o apoio do concello a todas as iniciativas en favor do comercio de proximidade e animou a todos a que se acheguen a esta iniciativa.