A obra de captación do Río Avia está practicamente rematada ca colocación da tubaxe que discorre polo trazado, entre a Franqueirán e a Veronza. O 90% vai soterrada, e hoxe comezaron os labores de anclaxe da que non está soterrada. Canto antes iniciarán as probas do sistema de bombeo para poñer esta captación en funcionamento, comprobando si existen fugas no sistema.
As previsións de recuperación dos caudais estimadas polos expertos falan de prazos entre novembro e decembro para estabilizarse, a pesar das choivas dos próximos días.
Ao mesmo tempo, están mantendo o depósito da ETAP grazas ao traslado dos camións cisterna día e noite. Conseguiron axudar ao depósito con 1.300.000 litros (en 24h) de auga a base de camións cisterna xa que o volume de captación do rio Maquiáns é practicamente nulo, o que supón o mínimo histórico dos rexistros de auga, o que supón que a situación actual debida á sequia, sexa ainda máis critica e complexa; grazas a este traslados de auga por medio de camións cisterna, non houbo que reducir as franxas horarias.