Un traballador dunha empresa do Carballiño falece nun accidente laboral na Cañiza

Os feitos ocorreron ás 15.15 horas na rúa Progreso. O traballador, dunha empresa con sede no Carballiño, atopábase realizando tarefas de reforma e acondicionamento dun local na rúa Progreso cando caeu da escaleira desde unha altura de tres metros. Foron os efectivos do 061 os encargados de alertar a emerxencias, que á súa vez deron aviso á Policía Local do municipio, á Garda Civil e ao GES-SPEIS de Ponteareas.

A pesar de que o 061 mobilizou ao helicóptero mobilizado con base no hospital de Ourense, nin os sanitarios nin o seu propios compañeiro conseguiron reanimar ao home a pesar de realizar manobras durante varios minutos..

AVANTAR ACTIVIDADES