ABANCA, Afundación e o Concello de Barbadás presentan a exposición «Nós tamén fomos emigrantes»

O Concello de Barbadás, ABANCA e Afundación presentan a exposición «Nós tamén fomos emigrantes. Fotografías da Axencia EFE sobre a emigración española no século XX». O acto de apertura tivo lugar esta na Sala de Exposicións da Casa da Cultura Manuel María de Barbadás, e contou coa asistencia de Xosé Carlos Valcárcel Doval, alcalde de Barbadás; Marga Pérez Fernández, concelleira de Cultura e Educación de Barbadás; Mateo Alonso San Román, coordinador institucional de ABANCA en Ourense; e Beatriz Fernández-Anguiano, coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo. Poderase visitar ata o vindeiro 21 de outubro de luns a venres de 08.30 a 14.30 horas e de 16.00 a 20.00 horas.