O Arenteiro segue na Copa tras vencer ao Naval 3 – 1

IES CHAMOSO LAMAS

Un gol en propia porta de Romay provocou a prórroga, onde chegou a sentenza

O Club Deportivo Arenteiro volveu pisar o novo tapete de Espiñedo, tan só 72 horas despois do seu partido de liga, para enfrontarse á primeira eliminatoria de Fase Nacional de Cópa Federación. Ao Municipal carballiñés chegaron os cántabros do Club Deportivo Naval, unha Terceira Federación, para poñer as cousas complicadas aos de Fran Justo que queren o premio gordo, clasificarse para a Copa do Rey para recibir un Primeira División e revivir o intenso encontro da tempada pasada ante o Valencia.

Durante a primeira metade, os locais saíron demostrando experiencia e tendo as oportunidades. A máis clara cunha incursión por banda esquerda de Joseca cando aínda non pasaban nin dez minutos. Suficiente ameaza para que o Naval reaccionase buscando parar un ritmo alto dos verdes, e conseguírono por medio de dous córneres consecutivos.

Co partido en pleno apoxeo, chegou o gol, un centro perigoso por banda dereita, rematouno Markitos que non fallou na rede visitante. 1-0, ás para os anfitrións e dúbidas nos visitantes antes do descanso.

Quedaban dez minutos de encontro e volveu ameazar o equipo carballiñés, só desde a área pequena Markitos fallou a que fose a sentenza porque o Naval silenciou a un Arenteiro que xa celebraba a vitoria. Minuto 89, córner favorable aos cántabros, disparou Vitolo, petou en Romay quen de cabeza deu a prórroga.

Quince minutos de moita tensión, unha boa xogada de Pacheco a porta baleira estivo a piques de poñer o 1-2. A pesar diso, o Arenteiro seguiu confiando e o Naval atacando, Dani tivo unha quedándose só ante Adriá, que de novo foi o protagonista. E a un minuto para o descanso, a polémica: Pacheco lesionado, Markitos non sacou o balón, no seu lugar un pase en profundidade puxo o 2-1.

SPORTUR GALICIA 2022

Últimos momentos, despexes, cansazo, poucas ocasións e a procura de poñer o punto e final e con el o pase á seguinte rolda, e conseguiuse, Manín aproveitou o esgotamento e nun descoido a sentenza, 3-1 nun Espiñedo que o mércores recibirá ao Zamora.