Volve a promoción “Sesións balnearias a 1 euro”, a través das redes sociais dos balnearios

Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) participa na inauguración de Termatalia acompañado de Miguel Santalices Vieria (Presidente do Parlamento de Galicia), Francisco Conde López (Vicepresidente da Xunta de Galicia), Miguel Mirones Diez (Presidente da AA de balnearios de España), Rogelio Monzeglio (Viceministro de turismo do Uruguai), Armando Ojea Bouzo (Tentente de Alcalde de Ourens) e Manuel Reigosa Roger (Reitor da Universidade de Vigo) entre outras autoridades.

A promoción “Sesións balnearias a 1 euro”, impulsada pola Deputación de Ourense, retorna a través das redes sociais dos cinco balnearios ourensáns participantes nesta campaña -todos os da provincia dotados con piscina de auga mineromedicinal de usos lúdico-terapéuticos: Laias, Cortegada, Lobios,  Partovia e Arnoia-.

Despois do reparto de 250 códigos de promoción no stand da Deputación en Termatalia, os cinco balnearios entregarán nos próximos días outros 200. 

AVANTAR ACTIVIDADES

A promoción lanzada o pasado 21 de setembro pola Deputación e os balnearios busca promocionar a saúde a través da cultura termal. A promoción está a posibilitar o goce dos balnearios ao prezo de 1 euro, coa intención de que moitas das persoas residentes na nosa provincia que aínda non coñecían os nosos balnearios poidan facelo.

Entre os cinco balnearios achegaron unha cifra inicial de 1.000 sesións balnearias que se distribúen entre os meses de outubro e novembro, de luns a domingo, en diferentes franxas horarias e cunha duración entre 1,5 e 2 horas. 

A reserva das sesións balnearias abriuse o pasado 29 de setembro a un prezo especial único de 15 euros, importe sobre o que se poden aplicar códigos de desconto de 14 euros, quedando o prezo final en 1 euro. O acceso ás 1.000 prazas é por orde de solicitude e reserva, tramitándose a través de internet.

Gran resposta en Termatalia á entrega das primeiras 250 sesións a 1 euro

Ás 1.000 sesións balnearias a 1 euro accédese a través de códigos desconto que se entregan ás persoas interesadas utilizando diferentes fórmulas.

Os 250 primeiros códigos de desconto puxéronse ao dispor dos interesados na Feira Termatalia, espertando un alto interese na caseta da Área de Benestar da Deputación de Ourense, que foi o punto no que se puideron recoller os mencionados códigos. Unha vez entregados e utilizados a totalidade dos mesmos, esta semana entregaranse os mencionados 200 novos códigos.

200 novos códigos desconto a través da redes sociais dos balnearios

Ao longo desta semana os balnearios publicarán nas súas redes sociais novos códigos de desconto que permitirá a 200 persoas realizar a reserva das sesións balnearias a 1 euro.

O primeiro que deben facer todas as persoas interesadas antes de conseguir o código é rexistrarse na páxina web da promoción (https://raiatermal.com/signup) xa que é un requisito indispensable para poder realizar a reserva no momento que o código de desconto publíquese.

Toda a información sobre a iniciativa está dispoñible na web de información https://raiatermalou.com/promocion