O Psdeg esixe a revisión presencial das valoracións de discapacidade feitas por Teléfono dende a Pandemia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Marina Ortega, esixiulle hoxe ao goberno galego que revise de forma presencial todas as valoracións de discapacidade que viñeron facendo por teléfono dende a pandemia para “blindar os dereitos das persoas con discapacidade”. Ortega presentou esta proposta no Parlamento logo de constatar o descenso nos graos de discapacidade recoñecidos dende que comezaron coas valoracións telemáticas, pero foi rexeitada polo PP.

A responsable socialista acusou ao goberno galego de “poñer paus nas rodas” cando “a administración tiña que acompañar e axudar ás persoas”. Ao reducir o grao de discapacidade recoñecida, explico, “significa que poden variar os dereitos, servizos e incluso as contías económicas e os dereitos en materia fiscal”, rebaixando o apoio institucional co que deberan contar.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ortega presentou esta iniciativa logo de constatar que as persoas que pasaran o grao de discapacidade do 18,1 por cento en 2019 ao 21,2 e 22,1 por cento logo de implantar as valoracións telefónicas nos dous anos seguintes. Criticou que a Xunta continúe a día de hoxe facendo este tipo de valoracións, que cualificou de “remendo”, e lembrou como exemplo os casos de xordo cegueira que foron valorados por teléfono.

A parlamentaria socialista reclamoulle ao goberno galego que reforce a plantilla dos Equipos de Valoración e Orientación -EVO-, actualmente superados polo traballo, o que provoca que Galicia sexa a quinta Comunidade Autónoma en listas de espera de todo o Estado. Criticou que a Xunta “diga que 26 persoas son suficientes” cando en autonomías como Estremadura, coa metade da poboación de Galicia, contratou máis dun cento de profesionais adicionais.

Reclamoulle á Xunta que presentara o numero total de resolucións que baixaron a porcentaxe de discapacidade logo de recibir unha valoración ou revisión telemática, e que revisen o total de resolucións derivadas de valoracións telemáticas para repetilas de xeito presencial. Só así, sinalou, será posible efectuar ditas resolucións de forma “óptima e con todas as garantías”.