o Delegado Territorial presenta a vi xornada de convivencia de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Ourense

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

 O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, presentou esta mañá a  VI Xornada de Convivencia de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Ourense, que se desenvolverá o vindeiro sábado 22 de outubro, a partir das 9:30 h no Auditorio Municipal de Ourense, e na que participarán mais de 500 voluntarios e voluntarias de protección civil e 82 AVPC de España e Portugal.

O delegado territorial subliñou que ao igual que en edicións anteriores preténdese facer unha xornada que sirva como punto de encontro para voluntarios e voluntarias de toda España; e se achegue o traballo desenvolvido á cidadanía amosando o gran capital humano dos seus membros, con preto de 8.355 voluntarios e voluntarias formando parte das 233 agrupacións de Protección Civil en Galicia.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Gabriel Alén explicou que neste ambiente de convivencia realizaranse diferentes talleres prácticos no entorno natural de Oira para tratar de conxugar, dende un punto de vista práctico, a exposición e emprego de material de emerxencias co coñecemento de novas tecnoloxías que cada vez mais ofrecen múltiples posibilidades no mundo das emerxencias.

Nestes talleres colaborarán a Unidade Cinolóxica da Garda Civil, que traerán os seus cans adestrados na busca de persoas desaparecidas; a Unidade Militar de Emerxencias (UME), que mostrarán os seus medios e contarán a súa experiencia na loita contra os Incendios Forestais; a Unidade de Drons dos Bombeiros da Mancomunidade de Terra de Celanova, que xunto a empresa Ibérica de Drones amosarán as vantaxes do emprego do dron no medio acuático.

A Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros do Polígono de San Cibrao, os GES de Laza e o recentemente creado GES de Maceda levarán a cabo un rescate nun accidente de Tráfico. Tamén os Bombeiros do Parque Municipal de Ourense farán unha exhibición de rescate en altura e os voluntarios de voluntarias das AVPC de Castrelo e Ourense, xunto coa empresa Jet Vigo, farán prácticas de rescate acuático co emprego de moto acuática.

Ademais os participantes poderán desfrutar, grazas a Fundación Estanislao Reverter, do mítico coche de rallyes “Alpinche” encadrado dentro do taller sobre seguridade en rallyes.

Na organización das xornadas colaboran a Asociación Provincial de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil da provincia de Ourense, Xunta de Galicia e Deputación Provincial de Ourense.

Actividades

Un amplo programa de actividades que se completará co a exposición de vehículos e material dos diferentes grupos de emerxencias da provincia de Ourense; así como co Posto de Mando Avanzado do Grupo de Apoio Loxístico a Intervención (GALI) pertencente a Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA).

A partir das 12h está previsto a chegada do helicóptero de salvamento e rescate PESCA I do Servizo de  Gardacostas de Galicia, organismo encargado da vixilancia, busca, salvamento e protección do medio mariño nas augas galegas, depende da Consellería do Mar da Xunta de Galicia; e o  helicóptero  H4 de Fundación Pública de Urxencias Sanitarias de Galicia – 061. Ambos aterrarán no Campo de Fútbol de Oira

Recoñecementos

Na Xornada haberá tamén un “Acto de recoñecemento da labor feita polas AVPC da provincia de Ourense, durante a vaga de incendios forestais deste verán de 2022”. Unha homenaxe polo traballo feito polas agrupacións de voluntarios de Protección Civil de toda a provincia que realizaron preto de 150 operativos durante esta crise, especialmente sensible nas comarcas de Valdeorras e Verín.

A continuación terá lugar a entrega de medallas e condecoracións a voluntarios e voluntarias co que se recoñece a súa actividade e traxectoria nas súas respectivas agrupacións, e para rematar a xornada haberá un xantar de confraternidade, que servirá como clausura.

As Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Ourense

A Xunta de Galicia leva destinados desde o ano 2009 máis de 14 millóns en material. O material cedido a través de ordes de axudas e convenios responde ao obxectivo de que todas as AVPC conten por un lado co equipamento imprescindible para o seu funcionamento, entre o que compre destacar vehículos todoterreo e remolques de emerxencia, e por outro lado con material específico para a atención das emerxencias mais probables no seu territorio como poden ser coitelas ou cuñas quita neves e esparexadores de sal nos concellos de montaña ou embarcacións nos concellos costeiros ou con encoros onde se practican actividades de recreo.

O amplo proceso de renovación e mellora do equipamento que se levou a cabo nos últimos  anos achegou ás Asociacións o seguinte equipamento: 182 todo terreos pick up,  170 remolques de emerxencias, 48 furgóns, 65 esparexedores de sal, 44 embarcacións, 92 tendas de campaña, 4 UTV, 20 coitelas ou 212 equipos de protección individual contra a velutina, entre outros por valor de por valor de mais de 14 millóns de euros destinado a concellos con AVPC e mais de 7 millóns a concellos con Grupos de Emerxencia Supramunicipal.

Neste ano 2022 licitáronse 8 todoterreos, 8 remolques de emerxencia, 30 esparexedores de sal, 8 coitelas quitaneves, 20 tendas de campaña, 13 embarcacións e 120 desfibriladores semiautomáticos (DESA) por un importe de algo máis de un millón de euros.

Este esforzo na adquisición de material completase coa inversión dende o ano 2009 de mais de 4 millóns de euros en axudas para o funcionamento das AVPC, co obxecto de poder contribuír financeiramente aos gastos de combustible, material, organización e xestión, seguros, etc.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------