Aclaracións do Concello de Ribadavia sobre a nota do PP sobre as festas do Portal

– ACLARACIÓNS SOBRE A NOVA NOTA DE PRENSA DO PP, coma sempre chea de verdades a medias, que son mentiras dobres:

O mesmo partido que fundiu diñeiro público nun festival inventado co nome de Espirito Ribeiro, o mesmo partido que esconde facturas cando goberna o Concello, e o mesmo partido que confunde a cultura con “cañita brava”, pretende dar leccións.

AVANTAR ACTIVIDADES

1. Cando chegamos ao goberno atopamos algunha factura escondida e sen declarar.
O primeiro que fixemos foi pedir a colaboración da Deputación provincial. Trátase dunha  obra “alegal” e unha factura que o PP deixou no Concello sen pagar por importe de máis de 26.000 euros.

2. O Concello realizou a solicitude para que a Deputación Provincial se fixera cargo desta factura.
Consideramos que se debe ser consecuente coas responsabilidades institucionais. Máis César Fernández négase a pagar a débeda que o seu goberno orixinou.

3. Fronte a este comportamento escuro e ilegal, o noso goberno desde o primeiro momento informou de todas as facturas dando as contas en menos de un mes despois das Festas. Sen ocultar nada como si fixo o PP.

4. Recordamos que este ano o período de solicitar a aportación veciñal das Festas coincidiu  en plena crise da auga, o que imposibilitou este ingreso.  

5. A pesar de todo, hai posibilidade e capacidade orzamentaria para pagar todo no presente exercicio, tal e como se preveu, e non facer como o sempre fai o PP. Nós nin escondemos facturas nin deixamos calotes aos provedores e empresas que traballan co concello.

6. Recordamos que a subida de prezos tamén afecta ao sector cultural, e que o Concello leva moitas lexislaturas cunha partida de 65.000 euros, cifra que hoxe en día supón menos diñeiro que fai unha década. Ademais, informar que este ano as Festas foron organizadas polos dous grupos do goberno no seu conxunto, a diferencia do anterior que foi desde a Concellaría de Cultura.

– Cooperación con todos os concellos da provincia que padeceron a crise da seca neste verán 2022.
– Cooperación no Proxecto do subministro e saneamento da Groba e As Chabolas.
– Axuda a Asociación de Auga de Camporredondo.