Maite Rodríguez é licenciada en filoloxía inglesa e traballa na asesoría vitivinícola. Colabora activamente no asociacionismo cultural e veciñal ribadaviense e logo de participar nas candidaturas municipais de 2011 e 2015 encabezou a candidatura do BNG en 2019, exercendo como portavoz municipal durante o presente mandato.
ACTO DE PRESENTACIÓN DE MAITE RODRÍGUEZ COMO CANDIDATA Á ALCALDÍA DE RIBADAVIA
SÁBADO 5 DE NOVEMBRO ÁS 18:00h NO LOCAL SOCIAL DA MADALENA
O vindeiro sábado 5 de novembro celebrarase un acto público de presentación da candidatura á alcaldía de Ribadavia no que contaremos coa presenza de Noa Presas, deputada no Parlamento galego.