Festa infantil de entroido no Casino o luns, 28 de febreiro

Este ano o Casino de O Carballiño agasallará os fillos/as dos seus socios cunha super festa infantil de entroido, o luns 28 de febreiro de 18:00 a 20:00 horas.
O aforo será limitado respectando as medidas Covid-19, polo que pedimos a tódolos interesados que se acheguen a oficina do Casino de O Carballiño en horario de luns a xoves de 18:00 a 22:00 horas, ou venres de 10:00 a 13:00 horas, a recoller a súa entrada.
A festa contará con animación musical e inchables.
Recordamos tamén a tódolos pais e nais que soamente poderán entrar no recinto da festa os nenos e nenas, haberá unha persoa na entrada do Casino recollendo as entradas e dirixindo os nenos.