“A Casa de ASPADISI” espera a licencia de actividade da Xunta para poder comezar a súa actividade

“A Casa de ASPADISI” está rematada. A dirección do centro anunciou hoxe o fin das obras da nova residencia, que xa ten directora. Cristina Lorenzo leva máis de vinte ano traballando no centro ocupacional. A obra tivo dous paróns, por diversos motivos, tanto económicos coma climáticos. No mes de agosto, rematado o último proxecto que foi a ampliación da cociña, solicitouse a licencia de actividade da Xunta, trámite burocrático que impide a apertura da residencia neste mesmo momento.

O proxecto ascende a preto de 1,5 millóns de euros. Contará con 32 prazas das cales oito serán habitacións individuais para os usuarios do centro. A Xunta comprometeu 16 prazas que serán de carácter conveniado.

AVANTAR ACTIVIDADES

Seguen pedindo a colaboración cidadá con doazóns para crear un fondo económico destinado a axudar a todos aqueles usuarios que pola súa situación económica non poidan sufragar o custe da praza.