O concello ribadavia renovará o pavimento asfáltico no tramo de A Veronza. Trátase dun vial público con gran importancia na conexión de sistemas xerais e locais do núcleo e do Concello de Ribadavia, como son o centro de saúde, piscina municipal e o campo de fútbol, asi como zona de lecer dos parques da Veronza “nova e vella”, polo que resulta necesaria a mellora do seu nivel de conservación, para acadar unha optimización do tráfico rodado.
Será unha obra executada con medios propios do concello. O concello ten a previsión de executala unha vez rematadas as obras de recuperación da ponte medieval de A Veronza, para non interferir entre as dúas obras. A estimación do presuposto como máximo é de dun orzamento de 30.000 euros. A actuación a realizar consistirá na recuperación do estado óptimo do pavimento de calzada. Para elo proxéctase unha regularización previa, necesaria debido á existencia de fochos e irregularidades, posteriormente estenderase a capa de rodadura a base de mestura bituminosa, protexendo os pozos e sumidoiros existentes, que se colocarán en rasante unha vez rematada a pavimentación.
Procederase ó pintado da liña branca descontinua no eixe do vial e da liña amarela na zona de exclusión; tamén se pintarán os pasos de peóns. Neste momento estan enviados os permisos pertinentes sectoriais á CHMS, que segundo as xestións feitas polo propio concello, precisarían dunha comunicación previa de obras. As obras que se pretenden son obras de mantemento do pavimento asfáltico dun vial público, coa finalidade de garantir as condicións mínimas de seguridade e accesibilidade, polo que se considera que son obras que cumpren a normativa urbanística e tratándose de obras obxecto de comunicación previa á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.