A Axencia de Doazón de Sangue alerta da escaseza dos tipos A Positivo e 0 Positivo

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue fai un chamamento xeral á participación da poboación galega na doazón de sangue e, de xeito especial, aos doadores dos colectivos A Positivo e 0 Positivo. As reservas destes colectivos presentan niveis baixos, polo que cómpre reforzar a convocatoria permanente de participación nas campañas de doazón que realiza a Consellería de Sanidade a través de ADOS. Cómpre lembrar que os centros de saúde de Galicia precisan entre 400 e 500 diarios para desenvolver con eficacia as súas tarefas sanitarias.

A xenerosidade e o altruísmo de toda a cidadanía é fundamental, por iso ADOS solicita un esforzo especial para aumentar as reservas de sangue.

AVANTAR ACTIVIDADES

As distintas unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue percorrerán estes días diferentes concellos galegos para conseguir as doazóns precisas que garantan o desenvolvemento do gran labor asistencial dos distintos centros sanitarios galegos.