Felipe Senén: “O sempre celebrado arquitecto galego Antonio Palacios e un templo de peregrinación”

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Foto: Vera Cruz do Carballiño 1962 – Foto Aurelio

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Por Felipe-Senén

(Historiador da Cultura Galega)

Nun día tan significativo de fins de outubro,- cando a tradición lembra aos santos, aos defuntos e a mirada da parroquia dos vivos se dirixe aos camposantos, parroquia dos mortos –  o bispado de Ourense e a parroquia da Vera Cruz, con toda a solemnidade que multiplicará o espírito que atesoura a arquitectura do templo da Vera Cruz, ábrese o seu Ano xubilar. A un tempo conmemorase tamén a morte do arquitecto que  no deseño deste templo puxo todo o seu saber e querenzas, Antonio Palacios Ramilo, finado en Madrid. Tamén  se cumpre o medio século do traslado dos restos mortais de tan insigne arquitecto para recibir sepultura definitiva no seu Porriño natal. Sendo conducido o seu cadaleito pola vila a ombreiro de aqueles canteiros que el tanto potenciou . Ano xubilar da Vera Cruz que tanto axudará a enxalzar o espírito do templo edificado para custodiar unha piteliña que se di da Cruz, como a dinamizar a Vila, esta parte do viñedo do Señor.  Velaí os dous principios cos que o arquitecto inicia a memoria da súa derradeira obra: texto baixo o  esquema da vertical cruzada pola traveseira horizontal, cun aclaratorio Hoc Signo Vincis, tan cargado de Esperanza cristián… contemplando o seu proxecto como un templo de peregrinación, inspirado na arte dos camiños, os que tanto levan ao Santo Sepulcro, como a Roma ou a Compostela.  Compre resaltar este feito, esta obra tan cargada de ilusións, de solidariedade parroquial, de simbolismo para tempos  campantes de desacougo e de desesperanza.

Antonio Palacios Ramilo

Sempre hai motivos para celebrar algo, cos seus dias, os seus oficiantes e comercio tamén. O que non sobra neste país do rio do esquecemento, tan propenso a perder memoria, a súa distinción e a propia historia, entre tanta invasión de noticias e propagandas.

Lembramos pois que un 27 de outubro do ano 1945 finou na súa casa  do Plantío, nos arrabaldos de Madrid, o arquitecto de Porriño Antonio Palacios, Ramilo. Calle José Lomaba Iglesias, 24, á beira do fluír da nacional VI que leva a Galiza. Casiña de planta octogonal que habita pouco máis de tres anos,  dende 1942 até o seu final. Elemental construción pese á propensión do arquitecto ao simbolismo, á teatralidade de habilidades artesáns. Co  “el cuarto de no estar” de 2 x 2 metros e onde , de pe, debuxaba e proxectaba as súas derradeiras obras e inquedanzas, entre elas  un templo-relicario para un lignum crucis, a Vera Cruz do Carballiño.

Veracruz do Carballiño, nocturna

Aquel seu chalet  do Plantío  estaba feito a súa medida, o que pese ás celebracións, agora está no brete, sometido a un desmesurado plan inmobiliario. A máis pequena vivenda que fixo aquel arquitecto tachado de megalómano,  por proxectar monumentais encargos, como o Palacio de Comunicacións en Cibeles (1907-1919), o acceso ao Metro, rede de S. Luis (1918), ambos xunto co enxeñeiro Otamendi;  o que hoxe é Instituto Cervantes (1910), o Círculo de B. Artes (1926)… o Hospital de Maudes ( 1908-1916) e tantos edificios bancarios, de vivendas  ou palacetes… transformando e dándolle identidade ao Madrid do modernismo.

Rosetón da Veracruz – Foto F. Senén

 O templo do Carballiño  foi resultado da teimosía dun párroco ansioso de construír, na posguerra, un palacio para Dios, Evaristo Vaamonde da Cortiña. Influído polo círculo intelectual ourensán da singular Angelita Varela, Marquesa de Atalaya Bermeja, asesorada polo sacerdote, bibliófilo e escritor Antonio Rey Soto. Parladoiros onde  Vicente Risco se inicia nos misterios da Teosofía e do sobrenatural,  asuntos que tanto influirían na ética e estética celta-cristián dos seus compañeiros da Xeneración Nós (plural e distinguido, asentaba Otero Pedrayo).  Asorey, Jenaro de la Fuente Álvarez… participarán naqueles encontros, onde Palacios recibirá encargos para a catedral ourensán, así como o do Carballiño.

A sensibilidade de Palacios estaba imbuída dos ismos , así como da decadentista filosofía finisecular, cando a industria  ameazaba ao artesanado, ao tradicional, á identidade e se anunciaba a campante uniformidade  global. De cousas así falábase naqueles encontros e mais no tempo estival no Gran Balneario de Mondariz propiciados polos seus propietarios, os Peinador. O mellor da intelectualidade galega era convidada a animar un ambiente moi metido nas ideas de rexeneración humanista e máis sendo o seu relacións públicas o poeta de Cambados Ramón Cabanillas.  A presencia de Antonio Palacios facíase imprescindible. Ao respecto non faltan revistas, documentos, fotografías…  onde moitos daqueles creadores, entre eles Castelao, avivaron as ansias de re-crear sobre as tradicións, sobre a Arte Galega. E velaí os “Artistas da raza”:  na poesía de cariz bárdico, Cabanillas; na  arquitectura Palacios, na escultura Francisco Asorey, na pintura  Sotomayor, Camilo Díaz…

O Carballiño que a Veracruz creará – Debuxo de A. Palacios

Palacios o arquitecto da pedra, dos canteiros e da interacción entre historia e creación

A arquitectura de Palacios e máis a realizada en Galiza acóllese e circunscríbese nun xeito de triangul , Santa Trindade conformada polas pedras, os artesáns e a historia da arte, fundindo  tipos de pedras, de saberes dos canteiros e estilos propios desta cultura de encrucillada. Creador que enxerga nos seus viaxe por Europa, polo Mediterráneo e máis por Galiza, como por Portugal, acompañado do seu irmán Pepe ou da súa muller Adela Ramírez e en moitas ocasións de Valentín Paz Andrade, tal como el nos conta.

 Dende o encargo da Fonte do Cristo para Porriño (1905), Palacios porá en valor as pedras da saídas das canteiras do seu Porriño natal. Sendo quen incentiva este recurso, a un tempo que propón a salvagarda das  monumentais e consideradas pedras sacras de Cans, da Picaraña…con esas formas de monstros e con tantos mitos e ritos ao seu redor. Será a familia de Palacios  Ramilo a que comece e prosiga coa explotación de tal riqueza, pedra que o arquitecto reclama para a súas obras. O segundo vértice dese triangulo son os artesáns, cos seus saberes herdados e sobre todo os arxinas, os canteiros…entre eles as experimentadas sagas familiares  dos arredores de Ponteareas. O cemiterio desta vila merece coñecerse, así como a casa-muíño Paramés (1920) deseñado por Palacios nas ribeiras do Tea. Preocupado tamén  pola carpintería, pola forxa, polos vitrais, cando entón abundaban as industrias do vidro, a cerámica… artes que aplicaba dende  a súa faceta de deseñador. E o terceiro ángulo: a historia da Arte Galega, á que tanto ten aportado o megalitismo, os chantos, velaí, ergueita ao ceo e cara ao mar a Virxe da Roca, Baiona(1920). Coñecedor do xeito de construción dos castrexos, comezando polo Tegra, para o que deseña o museo (1920)…  Saberes que pon a proba na arquitectura industrial da Central do Tambre, Noia,  (1927))… Sumando ao seu saber os herdos clásicos dos que da proba no templete da Fonte da Gándara en Mondariz (1908), así como na cantoneira que ocupa o edificio para botica do seu irmán Pepe e na que sintetiza as querenzas:  a conxunción do arco e do lintel, rematada polo peite  de linteis, como a súa sinatura,  baixo a que está o mosaico que pon Botica Nova de Palacios (1909). Clasicismo que campa sobre todo nos grandes edificios do seu plan urbanístico de Vigo, na mente o modernismo vienés e innovacións co formigón…E para o deseño dos templos, o seu é o románico, o císter de Oseira, Melón, Acibeiro, Carboeiro….en Portugal Alcobaça. Pois, como moitos dos galeguistas asumía que no románico  enraizaban as esencias dunha Galiza enxertada nos camiños de Compostela, os que artillan a Europa dos mitos artúricos, retomados polo compositor Wagner…o trunfo da xeometría, dos contrastes barrocos.

Detalle da Torre da Veracruz – Plano A. Palacios – Foto F. Senén

Arquitecto que deixa infinidade de apuntes, de cadernos de viaxe, parándose en arqueoloxías,  falando cos artesáns e de xeito especial cos saberes dos canteiro que el trataba de exhibir

Un legado arquitectónico con espírito que compre saber entender e protexer

O edificio do Concello de Porriño expresa o que vimos dicindo:  o mesmo pórtico é equilibrado mostrario de pedras, nas súas columnas, bases, capiteis, doelas… así como de tipos de labras… Conxunto onde manda a inspiración medieval, sobre a que re-crea, onde o relixioso se vencella coa arquitectura civil, a dos castelos e pazos da aristocracia galega.

Interior da Veracruz, detalle (Foto. F.Senén)

E a derradeira obra, a que resume aquelas ansias,  a Vera Cruz do Carballiño, tan cavilada e despois de tantas experiencias acumuladas,  feitas como foi o Templo Votivo do Mar, Panxón, de torre ergueita como un faro de Esperanza; o interior re-creando sobre a arte mendicante, sc. XIII… o proxecto para o templo do Sagrado Corazón na Guía (1930)… non realizado e planos que readapta para a Vera Cruz do Carballiño cun hostal do Peregrino, onde o arquitecto  atopa outra Santa Trindade que a fará posible  o templo: o fervor dun párroco, don Evaristo Vaamonde da Cortiña (1880-1961), que cree nos milagres do porteiro xesuíta de Deusto Francisco de Garate, do Sagrado Corazón… contando cun  singular canteiro construtor que se identifica coa linguaxe do arquitecto, Adolfo Otero Landeira. Obra iniciada nos tristes anos da posguerra, 1943, e que se pode dar por rematada no 1962. Arquitectura con tanto de ascese, busca da cosmogonía, do sobrenatural arredor dunha reliquia, así o di na memoria. A torre como un cruceiro na encrucillada.

Conmemórase agora  aquel 30 de outubro de 1976 cando dende o sinxelo nicho do cemiterio madrileño da Sacramental de San Lorenzo e San José se trasladan os restos mortais do arquitecto a onde e como el quería: o cemiterio de Santa María da Concepción do Porriño. Cadaleito conducido a ombreiros de canteiros, con sepultura sobre a que se pon un gran bolo de pedra co inscrición Antonio Palacios, Arquitecto. Logo o exceso de celo e o intervencionismo encargarase de poñer outras innecesarias placas.

Antonio Palacios

 Sirvan pois as conmemoracións para manter o espírito orixinal destas arquitecturas as que identifican o singular aporte galego á cultura universal, como maiores coidados para tan significativos e complicados edificios… e canto se faga  sigue sendo pouco.

——————————————————————————-

Traxectoria e obras de Felipe Senén

Felipe Senén (Foto Xurxo Lobato)

—————————————————————————————————

Outros ártigos de Felipe Senén:

Felipe Senén: “Outeiros sacros na paisaxe e para a paisanaxe galega”

Felipe Senén: “Setembro das vendimas, a posta en valor da  cultura do viño en Galiza”

Felipe Senén: “Trasalba e a Casa Museo de Otero Pedrayo para enxergar Galiza”

Felipe Senén: “recuperación das tradicionais tabernas galegas e “Ó Volter” de Ourense”

Felipe Senén: “A verdadeira historia dun tesouro dos mouros: o casco de Leiro, Rianxo”

Felipe Senén: “O fotógrafo de Allariz José Suárez nas Artes Galegas

Felipe Senén: “O Meirás, da Condesa de Pardo Bazán, residencia estival do ditador… xa nas mans do pobo”

Felipe Senén:”Arredor de Otero Pedrayo e da aura do seu Ourense”

Felipe Senén:”As mimosas póndolle manto ao abandono e abrindo ao Entroido”

Felipe Senén: “Tradicionais magostos: afianzar a tribo arredor de cacharelas, castañas asadas e viño novo”

Felipe Senén: O  “Día das Artes Galegas” dedicado a Díaz Pardo: o compromiso ético e estético con Galiza

Felipe Senén: “Rafael Melero: cando a poesía se fixo Ser e habitou no Carballiño”

Felipe Senén: ” 11  de Novembro, o San Martiño e os tradicionais Magostos “

Felipe Senén: “Pepe Paz, o  pedagogo ourensán enraizado en Tagore: Igualdade e Paz “

Felipe Senén: “O viño e o emparrado no fronte da casa tradicional galega”

Felipe Senén: “San Cibrao, o santo dos meigallos, os feitizos e os tesouros dos mouros”

Felipe Senén: “Moncho Fuentes: fotos singulares do común e con banda sonora country”

Felipe Senén: “Vellas lembrazas dos Felos de Garabás”

Felipe Senén: “Meigas e magos “de saco ao lombo” na tradición celto-cristián e no Nadal de Galiza”

Felipe Senén: “Algunhas sagas e ilustres nomes de alarifes do Carballiño que rescata Montes Marqués”

Felipe Senén: “Os alarifes, as familias que crearon o Carballiño, libro necesario de Montes Marqués”

Felipe Senén: “Os programas de man das Festas Maiores do Carballiño”

Felipe Senén: “Algo sobre a emigración do Carballiño para o mundo”

Felipe Senén: “O Folión, os foguetes e os fogueteiros do Carballiño”

Felipe Senén:”Os eidos que abeiran o vello camiño das orixes, o de Flores a Señorín”

Felipe Senén:”Míticas curvas e reviravoltas nos vellos camiños do Carballiño”

Felipe Senén:”Miguel Anxo Fernández, o Carballiño e a súa aura como escritor e cinéfilo”

Felipe Senén:”O Carballiño e o reloxo de cuco do Balneario nas viaxes do escritor Alfonso Armada”

Felipe Senén:”A científica María Teresa Miras Portugal sempre na memoria do seu Carballiño”

Felipe Senén: Carlos A. Rodriguez e a súa novela sobre o galego “rei dos xíbaros”

Felipe Senén: “Xesús Carballido. Esoutra arte ou poética de argallar, pegar ou coser memoria”

Felipe Senén: “o Casino do Carballiño , a súa Festa da Mimosa e algo máis”

Felipe Senén: “Contos, medos, amuletos e santuarios das xentes do camiño”

Felipe Senén: “Felipe Senén: “A Rosa, a flor de Flores””

Felipe Senén: “A nobreza e os pazos dos arredores do Carballiño”

Felipe Senén: “O pasado e a base da Biblioteca Municipal do Carballiño”

Felipe Senén: “O profesor Xaime Ferreiro Alemparte: un universo literario entre Cabanelas e Alemaña”

Avelino Cachafeiro, o gaiteiro de Soutelo nas lembranzas do Carballiño

A devoción aos santos Martiños, celebrados con Magostos en Galiza

Felipe Senén: “O Tempo de Defuntos no pétreo barco do Cemiterio de Señorín “

Felipe Senén:”as decimonónicas fábricas de papel das terras do Arenteiro”

Felipe Senén: ” Algunhas lembranzas arredor da miña Eira de Flores “

Felipe Senén: ” O CARBALLIÑO, CAPITAL MUNDIAL DO PULPO”

Felipe Senén: “o pulpo, Aurora Baranda e o Carballiño, unha santa trindade galega”

Felipe Senén: “de monte de Mesego a cidade xardín e Parque do Carballiño”

Felipe Senén: Lalín, o Carballiño e o ir e vir do pintor “Laxeiro”

Felipe Senén: “Xoán Xacobe Fernández, o franciscano de Moire e mártir en Damasco”

Felipe Senén: “As Adegas, un idílico e misterioso lugar no ribeiriño do rio Varón”

Felipe Senén: “O profesor de debuxo, os carteis e as iniciativas de Felipe-Luis López”

Felipe Senén: ” O gran fotógrafo Alberto Martí e o Carballiño

Felipe Senén: “A Pena de Queiras entre os outeiros, “ou altares” que coroan o Carballiño “

Felipe Senén: “Veremundo Arias Teixeiro, de Cabanelas, persoeiro barroco nos anos da Ilustración”

Felipe Senén: “Flores, o barrio da parte de atrás do Concello”

Felipe Senén: “A saga familiar do arquitecto Gallego Jorreto e o Carballiño”

Felipe Senén: “Arredor das pontes sobre os ríos do Carballiño”

Felipe Senén: A fervenza artificial do Arenteiro nas Tres Penas

A Praza de Abastos: catedral do mercado gastronómico e que, de vello, honra ao Carballiño

Pregóns, aturuxos, voces, músicas ou asubíos do meu Carballiño

O bulir da feira do Carballiño arredor do sitio da súa orixe: a Praza Maior e a Igrexa Vella

O Campo da feira do meu Carballiño

A peregrinación a Compostela dos de “Nós”, con parada e fonda no Carballiño

Vicente Risco e a peregrinación como ascese. A viaxe a pé de Ourense a Compostela…polo Carballiño

Fariña Jamardo, algo máis que singular secretario do concello do Carballiño

O Carballiño nos horizontes da Trasalba de Otero Pedrayo

O Río Arenteiro, vea de auga, de economía, de historia e cultura

Francisco Luís Bernárdez, o poeta masidao que levaba prendido o panteísmo galego

O Castro de San Cibrao das Las enxergando as bocarribeiras e os ribeiros

Chamoso Lamas e os vellos e grandes muíños de Moldes

O Románico, documento da misión humanista no territorio do Carballiño

Banga dos pazos e a súa Igrexa de Santa Baia: antoloxía cultural dos Ribeiros

Inspiradores ires e vires de Marineda á Vilamorta no Ribeiro dos Quiroga

Os arrieiros do Carballiño…e un curioso documento

Un paseo a través da arte do imperial Mosteiro de Oseira

O mosteiro de Oseira… lección de historia e arte

Manuel Chamoso Lamas e a xestión do Patrimonio Cultural

Cando a orixinalidade radica nas orixes: arredor da feira do Carballiño

Outros apuntamentos para a historia do cine no Carballiño

A Residencia do Carballiño: os promotores, o arquitecto, os residentes…

O monumento aos irmans Prieto do Carballiño e o seu escultor Larrauri

Arqueoloxía do Megalitismo nas Terras do Carballiño: as mámoas, medorras, medelas…

As pantasmas do histórico “Gran Balneario do Carballiño”

Arredor do paleolítico nas terras do Carballiño, as pescudas…

O mes de maio no Carballiño…. “aqueles días azuis e este sol da infancia”

Ramón Bernárdez González, un carballiñés na “Cova Céltica” e fundador da Academia Galega

A Igrexa Vella do Carballiño coa súa gabanciosa torre

O desaparecido chalé “Col” e a lembranza da emigración carballiñesa a Cuba

O biscoito “meimón” do Carballiño e a súa receita recollida pola Pardo Bazán

Aquelas Semanas Santas carballiñesas, de ramos, carracas, caladiños e Pascua Florida

Arqueoloxía pendente: a das grandes minas auríferas de Loureiro, no Irixo

Unha abraiante xoia da arqueoloxía: a arrecada de ouro do Irixo

Memorias da Coresma

As tradicións do Entroido do Carballiño

A Casa Consistorial do Carballiño, prototipo de inquedanzas decimonónicas

A novas revisións máis “ CASTROS” nas terras do Carballiño

O Catálogo dos Castros do Carballiño do 1930… e máis que hai

Lembranzas do Nadal de noutrora no Carballiño

Os esquecidos cantos de Nadal, Aninovo e Reis do meu Carballiño

O reloxo da Consistorial do Carballiño e o seu xenial autor

A Veracruz do Carballiño: lección de pedras, arte dos canteiros e da historia da arquitectura

Pepe Prada, un premio á creatividade, á constancia e á dignidade na cultura

A devoción aos santos Martiños, celebrados con Magostos en Galiza

Mes de santos, defuntos e magostos no Carballiño de noutronte

A Fonte de Flores, abrindo ao Carballiño

Un exemplo de destrución cultural : a Igrexa de San Paio de Loeda, Piñor de Cea

A parroquia de Loureiro, no Irixo, e o arquitecto neoclásico Loys Monteagudo

Lembranzas de pintura mural no Carballiño

Machados de “tope” da Idade do Bronce atopados no Monte de Mesego

A imaxe do San Cibrao do Carballiño e o seu escultor, Aldrey

As augas e as fontes do Carballiño

Vestixios de habitat e sepulturas da Primeira Idade dos Metais no Parque do Carballiño

Noticia sobre restos romanos no patio traseiro do Grupo Escolar do Carballiño

O pintor de Marín Manuel Torres no Carballiño

E así naceu “o Cantigueiro de Orcellón” de Manuel María e algo máis…

Manuel María, o Carballiño, as bocarribeiras e os ribeiros

A madeira nas máis antigas construcións do Carballiño

Pasado e tristeiro presente da Estación de Ferrocarril do Carballiño

O sitio arqueolóxico da Pena dos Namorados

O Castro de Cameixa referente na arqueoloxía galega

Terra, Auga, Aire e Lume no San Xoán de antes

Historias e lendas arredor do Puzo do Lago, Maside

Apuntamentos arqueolóxicos sobre as terras do Carballiño

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------