As fogueiras desta noite, San Xoán, quedarán relegadas ó ámbito privado

2020: Unhas festas diferentes. Celebración do San Xoán no Carballiño.

Aínda que este ano a situación sanitaria amosa estar en mellor situación ca o ano pasado, esta celebración non poderá ser coma estamos acostumados. Segundo a Consellería de Sanidade, poderanse facer fogueiras, pero so no ámbito privado, nin en prazas nin praias. Serán os concellos os que as autoricen. Non haberá límite de reunións en grupos, como xa non os hai noutros términos agás na hostalaría, pero o SERGAS recorda manter a prudencia.

Hoxe, en Badal TV, ofrecerémoslles unha reportaxe do pasado ano, na que os protagonistas da celebración do Carballiño cóntannos como foi unha festa diferente.

AVANTAR ACTIVIDADES