O BNG de Parada de Sil insta ao Concello a adoptar medidas contra a Enfermidade Hemorráxica Epizoótica (EHE)

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Desde a formación nacionalista entenden preciso que o Goberno Local “active todos os mecanismos e se dirixa ás institucións competentes na materia para a adopción urxente de medidas que eviten unha maior afectación da enfermidade entre os gando”

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Parada de Sil, 12 de outubro de 2024. A finais do 2022 rexistráronse os primeiros casos de EHE (Enfermidade Hemorráxica Epizoótica) no sur da península ibérica. Xa en marzo do presente ano, desde a Facultade de Veterinaria de Lugo alertábase do máis que previsible aumento da incidencia desta patoloxía entre o gando en extensivo nos meses de xullo e agosto como así aconteceu, cunha especial incidencia na montaña ourensá, “afectando tanto ao noso concello como en especial aos líndantes de Castro Caldelas ou Montederramo”.

O Concelleiro do BNG en Parada de Sil Xan Trigo, defendeu esta semana unha moción no Pleno municipal diante da proliferación de casos da Enfermidade Hemorráxica Epizoótica na época estival e ante “a pasividade da Xunta de Galiza para desenvolver medidas preventivas, que están a ter resultados dramáticos para os animais e, por extensión, para as persoas propietarias”, e engade, “ante esta situación, desde o BNG demandamos a implicación do Goberno do Estado para que artelle as medidas preventivas e paliativas suficientes”.

Desde a formación nacionalista solicitan concretamente que “desde o Concello de Parada de Sil se inste ao Goberno do Estado para convocar unha reunión urxente do Comité Nacional do Sistema de Alerta Veterinaria (RASVE) para debater a situación da enfermidade e aportar posíbeis solucións que freen o seu avance así como para realizar un estudo da incidencia do EHE, nomeadamente na Galiza como zona de especial afectación, impulsando unha campaña de vacinación voluntaria que favoreza a inmunidade das reses en colaboración coa Xunta de Galicia, subvencionando o custo das doses, os tratamentos e os servizos”.

Nesa mesma liña Xan Trigo considera preciso “estabelecer partidas orzamentarias específicas destinadas ás CCAA que permitan incrementar e mellorar as indemnizacións ás explotacións afectadas pola EHE e nas que se inclúan os tratamentos sintomáticos, os servizos veterinarios e mesmo a morte dos animais”.