25N : Avantar Mensaxes Contra da Violencia de Xénero

IES CHAMOSO LAMAS

O 25N O Carballiño vaise encher de mensaxes a prol da igualdade nunha campaña promovida dende a Agrupación Cultural Avantar.

Nesta campaña, no Día contra a Violencia de Xénero,  a A. C. Avantar pretende concienciar a poboación do Carballiño sobre a importancia da unidade contra da, quizais, violación de dereitos humanos máis estendida, persistente e devastadora do mundo.

SPORTUR GALICIA 2022

Acabar con ela require de esforzos enérxicos e firmes cos que combater esta discriminación tan enraizada, consecuencia de actitudes patriarcais e de normas sociais obsoletas e crueis con máis da metade da poboación.

A través de lemas e citas de personaxes relevantes do mundo, tanto actuais coma doutras épocas, que engalanarán árbores e farois da vila, Avantar fará a súa achega para que chegue o día no que estas iniciativas deixen de ser necesarias.