Máis de 400 persoas recolleron nunha mañá a tarxeta do bono comercio

Publicidade ASPADISI

Dende esta mañá, puxéronse á venda ás tarxetas bono “O Carballiño contigo”, na súa segunda edición, da mando do concello, o Centro Comercial Aberto e Abanca. Están dispoñibles na caseta de Turismo instalada na Alameda. Cada unha delas leva unha carga de 50 euros e cada usuario paga 25 euros xa que os outros 25 son aportados polo Concello. Tan só na xornada de mañá dispensáronse máis de 400 tarxetas.

Dende a organización recomendan o pago en tarxeta para a súa adquisición, e cun máximo de tres tarxetas por persoa, podendo recoller a doutras persoas do entorno cunha copia do DNI e a autorización.

HIPER MASIDE

Trátase de 2.000 tarxetas, que se poderán utilizar nos establecementos comerciais e hostaleiros do Carballiño, ca finalidade de apoiar ós dous sectores máis afectados pola pandemia favorecendo e potenciando o comercio local.

O ano pasado 145 establecementos de comercio e hostalaría do Carballiño se sumaron a esta campaña, cifra que se superou este ano ós 160.