O FETEGA ábrese ao público na feira Culturgal e sortea entradas para a edición de 2023

IES CHAMOSO LAMAS

O festival do teatro galego pregunta de forma aberta ao público sobre a súa programación. O evento é o único festival presente cun stand propio na feira das industrias culturais que se celebra esta fin de semana en Pontevedra.

Coa pregunta “que teatro queres ver? o Festival do teatro galego “Celso Parada” do Carballiño, pregunta directamente ao público a través dunha enquisa sobre cuestións como que datas do mes de agosto de 2023 prefire para ver teatro no Carballiño, en que horario e que tipo de teatro lle gustaría ver.

OZOCOgz Deseño Galego

Esta acción forma parte dun posicionamento aberto de comunicación bidireccional coas persoas que asisten ao teatro. Así, ademais de data e hora neste apartado de programación artística, entre as respostas posibles, cada persoa pode marcar más dunha opción se prefire drama, comedia, vangarda, monólogos, infantil… Cada persoa que opine durante a fin de semana participará no sorteo de 10 entradas dobres.