O Psdeg-Psoe denuncia un “novo desmantelamento” no centro de saúde de Ribadavia

foto ourense dixital
foto ourense dixital

O Psdeg-Psoe denuncia un “novo desmantelamento” no centro de saúde de Ribadavia que perderá a traballadora social a finais de agosto e Feijóo “non pretende” repoñer a praza

O voceiro socialista, Ignacio Gómez, destaca que “despois dun ano estase vendo un alcalde cómplice do PP e non dos veciños” e afirma que o rexedor de Ribadavia “non reacciona cando se pechan servizos”

AVANTAR ACTIVIDADES

A concelleira, Noelia Rodríguez, sinala que Ribadavia “non pode permitirse máis recortes e desmantelamento”, nin tampouco “contar cun centro de saúde cheo de retallos”.

A concelleira socialista culpou ó alcalde de Ribadavia, César Fernández, de “ser o alcalde dos silencios cómplices de Feijóo e Baltar” e de “permitir esta agonía en Ribadavia, cun centro de saúde que está a morrer sen que mova tan sequera un dedo”.