Este venres día 2 o Cine Club proxecta a pelicula “Argentina 1985”

Empezamos este venres día 2 a programación de decembro co último gran éxito do cine arxentino, recentemente estreada no noso país. Argentina 1985, dirixida por Santiago Mitre, céntrase nunha historia real, a protagonizada polos fiscais Julio Strassera  e Luis Moreno Ocampo, que contra vento e marea levaron ante os tribunais aos altos mando da dictadura arxentina, unha das máis crueis e sanguentas de latinoamérica. Protagonizada polos coñecidos actores Ricardo Darín e Peter Lanzani, o filme foi escollido para competir polos Oscar representando a Arxentina. Obtivo ademais o premio FIPRESCI no Festival de Venecia e o premio do público ao mellor film no Festival de San Sebastián. Os pases serán coma sempre no Auditorio Manuel María do Carballiño ás 20:00 e ás 22:30 horas, neste caso os dous en castelán. Un saúdo e moitas grazas pola vosa colaboración.

AVANTAR ACTIVIDADES

http://xn--cineclubecarballio-30b.org/pel%C3%ADcula/argentina-1985