O Novo Cine de Leiro trae unha triple carteleira para a fin de semana

O Novo Cine de Leiro proxectará os vindeiros días triple carteleira para todos os públicos. Por unha banda, o sábado e o domingo, ás 16:00 horas, o filme “Mundo extraño”.

O segundo filme será “A todo tren 2”, que repite esta semana, e poderase ver ás 16:15 horas o sábado, domingo e luns e xoves próximos.

AVANTAR ACTIVIDADES

E, por último, o filme galego “As bestas”, que se poderá ver o sábado, domingo e luns e xoves próximos ás 20:30 horas.