O concello recibe un novo camión cun punto limpo móbil para a reciclaxe

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O concello do Carballiño acaba de recibir un novo camión para complementar as unidades dispoñibles no servizo de Medio Ambiente destinado á reciclaxe. Esta achega foi posible grazas a un convenio asinado ca consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia. Trátase dun punto limpo móbil que que será moi útil sobre todo na realización de eventos pola súa posibilidade de mobilidade ás zonas da periferia é ás zonas rurais.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Este é o primeiro que o concello do Carballiño ten deste tipo e servirá de gran axuda para adaptarse ó novo plan de reciclaxe posto en marcha pola consellería, que implementará o quinto contedor na separación de residuos.

Na entrega do camión tamén estiveron os seus fabricantes, Ángel Sánchez e Abelardo Sánchez, que nos explicaron un pouco máis sobre a creación deste vehículo e o seu funcionamento, adaptado precisamente á súa mobilidade de xeito sinxelo.