A área de migracións do Psdeg-Psoe de Ourense informa que as pensións suízas mínimas subirán un 2,5 % ao mes a partir do 1 de xaneiro de 2023

As pensións AHV/IV, o chamado primeiro piar, axustaranse á evolución actual de prezos e salarios e aumentarán un 2,5 % segundo unha decisión do Consello Federal Suízo

Luís Gulín, sinala tamén que “a partir do ano 2024 as mulleres xubílanse como os homes aos 65 anos para recibir a pensión completa, en lugar de permitirlles saír un ano antes que os homes, como acontece actualmente”

AVANTAR ACTIVIDADES

Ourense, 29 de decembro de 2022. O PSdeG-PSOE de Ourense, a través da area de migracións informa que a partir do 1 de xaneiro de 2023, as pensións AHV/IV, o chamado primeiro piar, axustaranse á evolución actual de prezos e salarios e aumentarán un 2,5 % segundo unha decisión do Consello Federal Suízo. A pensión mínima AHV/IV agora é  de 1225 francos suízos por mes.

Dende a executiva provincial de migracións do PSOE ourensán explican que “tamén se axustarán os importes da indemnización por lucro cesante” e subliñan que, ao mesmo tempo, “realizaranse axustes en materia de cotizacións prestacións complementarias, prestacións ponte e prestacións laborais obrigatorias”. A pensión mínima AHV/IV aumenta de 1195 a 1225 francos por mes, a pensión máxima de 2390 a 2450 francos, importes para o período completo de cotización.

Os socialistas ourensáns lembran que o pagos das pensións “é habitualmente mensual” e fan fincapé en que, con todo, as pensións de pequenas contías “son abonadas unha vez ao ano, pero poden abonarse mensualmente mediante previa solicitude por escrito”.

O secretario de migracións da executiva provincial do PSdeG-PSOE de Ourense, Luís Gulín, sinala tamén que “a partir do ano 2024 as mulleres xubílanse como os homes aos 65 anos para recibir a pensión completa, en lugar de permitirlles saír un ano antes que os homes, como acontece actualmente”. Neste senso, Gulín tamén pon de manifesto que “as mulleres que naceron entre 1961 e 1963 verán reducida progresivamente a súa data de xubilación, e a idade de referencia pasará a ser de 65 anos para aquelas que naceron a partir de 1964, co obxectivo de garantir o financiamento a longo prazo do primeiro piar do sistema de pensións suízo, que se ve ameazado polo envellecemento da poboación”.