O Arenteiro Fotográfico de O`Potiños dará comezo o 7 de outubro

O concello do Carballiño acolleu hoxe a presentación do Arenteiro Fotográfico, posto en marcha pola Asociación Fotográfica O’Potiños. O concelleiro de cultura, Diego Fernández, valorou o traballo feito polo colectivo durante todo o ano.

Pola súa banda, o presidente da asociación, Manuel Blanco, comentou dentro da programación as 18 exposicións que terán cabida, nun novo local da rúa Evaristo Vaamonde, dende o vindeiro 7 de outubro.

AVANTAR ACTIVIDADES

No mes de novembro terán unha exposición destinada aos mozos do IES Chamoso Lamas e tamén unha mesa redonda con fotógrafos recoñecidos. E coma sempre, talleres e obradoiros de diversa temática.