Avantar estrea no seu 50 aniversario o premio Ernesto Atanasio “O Corcheiro”, entregado ao Centro de Estudos Chamoso Lamas

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Agrupación Cultural Avantar cumpre este 2024 o seu 50 aniversario. Medio século loitando pola cultura e a lingua galega, polos que pasaron moitas persoas que deixaron a súa pegada dunha ou outra maneira. Entre as actividades que están realizando dende a agrupación para celebrar este fito tan especial, este pasado sábado celebraron unha gala. Neste día contaron con outras agrupacións culturais do Carballiño, que amenizaron o evento coa súa actuación. A música de Isidro Vidal, Gabi Reboredo, Roberto Sobrado e Leo de Matamá. Tamén estrearon a entrega dun galardón Ernesto Atanasio “O Corcheiro”, que nesta primeira edición recaeu no Centro de Estudos Chamoso Lamas, recollido polo seu presidente, Carlos Rodríguez.

Para o futuro, Avantar quere revitalizar tanto a agrupación coma O Carballiño con actividades culturais como a ampliación do roteiro Manuel María, Tasca e Literatura, O Orcellón fala e canta, entre outras moitas actividades.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO