Comezan as obras na rúa Ourense e noutros puntos do centro e periferia do Carballiño

O concello do Carballiño comeza o ano coa realización de proxectos importantes en canto á mellora de infraestructuras viarias. Nesta mesma semana comezaron as actuación de renovación completa do saneamento na rúa Ourense, unha intervención que supera o millón oitocentos mil euros. Os primeiros traballos están iniciados e aumentarán o seu ritmo nos vindeiros días. 

Agora que a climatoloxía dea unha tregua tamén comezarán outras obras que xa están adxudicadas. Entre as que faltan está a rúa Margarita Taboada, e está xa rematado o acceso dende Miomás a Bouteiro faltando esa estrada ata Reguenga. As obras dentro do Plan único serán adxudicadas nos próximos días con reformas importantes. 

AVANTAR ACTIVIDADES