O BNG rexistra unha petición para a convocatoria urxente da Xunta de Portavoces e poder aclarar o acontecido na Cabalgata de Reis coa elección do rei Baltasar

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A formación nacionalista anunciara esta fin de semana a súa intención de solicitara convocatoria urxente da Xunta de Portavoces logo da polémica suscitada en torno a un dos participantes na comitiva

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ourense, 09 de xaneiro de 2023. O Grupo municipal do BNG no Concello de Ourense ven de rexistrar un escrito no que solicitan do alcalde a convocatoria urxente da Xunta de Portavoces tal e como xa anunciaran ao longo da fin de semana.

Os motivos da solicitude é a ampla polémica e alarma social, suscitada polo feito de que sobre unha das persoas escollidas para interpretar a un deles, concretamente ao rei Baltasar, pesan até dúas condenas por abusos sexuais, feitos que desde o BNG consideran moi graves, motivo polo cal agardan que desde o actual Goberno Local se aporten explicacións sobre cal foi o procedemento seguido á hora de escoller ás persoas participantes na comitiva e os motivos polos cales non se esixiu a documentación pertinente aos mesmos e relativa ao establecido tanto na Lei 26/2015 de 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e a adolescencia como na Lei 45/2015 de 14 de outubro, de Voluntariado.