O IES nº1 rende homenaxe a Guadalupe Díaz, docente falecida no accidente de autobús no río Lérez

Hoxe, o centro educativo IES nº1, realizou un acto en lembranza da profesora Guadalupe Díaz, recentemente falecida o pasado día de Noiteboa nun accidente de autobús no río Lérez.

O acto foi unha lembranza dos seus compañeiros do centro educativo, e tamén dos alumnos, reunidos no salón de actos. Tamén acudiu a súa familia e o director e compañeiros do IES Laxeiro de Lalín, o seu anterior centro.

AVANTAR ACTIVIDADES

Ambos centros quixeron expresar o sentimento que están a pasar, e tamén o bo recordo que gardan de Guada. Para lembrar a súa memoria, acordaron crear un certame creativo baixo o nome “La sonrisa de Guada”.

Os seus alumnos participaron hoxe con palabras de agarimo e recordo, poemas e tamén cunha ofrenda de debuxos e peluches para a súa familia, que tamén recibiu un recordo do centro.

En representación da súa familia, Patricia Díaz, a irmá da falecida, leu hoxe unha carta que eles mesmos enviaron ó centro. Agradeceu as mostras de apoio recibidas, e tamén recordou a vocación que tiña a súa irmá pola docencia, logrando deixar unha pegada como a que vimos hoxe.