O domingo as 7 da tarde no Auditorio Tiruleque representará o seu último traballo “MICROTIRULOS”

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Tiruleque Grupo de Teatro representará os vindeiros 15 e 22 de xaneiro o espectáculo “Microtirulos”, catro pezas curtas que escenifican personaxes divertidos, ás 19.00 horas, no Auditorio Manuel María de Carballiño.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Comeza con “Reencarnación”, unha adaptación de Pepe Prada, sobre un imaxinario despacho celestial; “Raios e tronos” é un texto orixinal do actor tirulense Floro González; continuando con “Milhomes”, baseada en “Un home doente”, de Leandro Carré e adaptada tamén por Pepe Prada.

O espectáculo concluirá con “Morreu a tía María”, un texto orixinal de Pepe Prada, polo que recibiu o I Premio Platta de Teatro Breve – Galicia en 2019, editado pola Asociación Cultural Bambalinas en galego, castelán e portugués. Unha obra que comeza con bágoas e remata nunha pelexa dos herdeiros do falecido.
Unhas comedias para botar unhas risas.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------